Saltar ao contido

Personal

Nacín en Puigcerdà (Girona), de familia galega, e levo máis de 25 anos metido nisto da informática, repartido entre o desenvolvemento, os sistemas e a docencia. O que a min me interesa, sobre todo, é entender ben os problemas antes de nada, e explicar despois o que fago dun xeito no que se entenda.

Intereses e afeccións

De pequeno practiquei judo, serviume para templar o meu carácter. Aínda hoxe me segue gustando todo o que teña que ver co deporte, pero o que realmente me gusta é a tecnoloxía, en xeral, algunha vez chamáronme «tecnólogo»: intelixencia artificial, ciberseguridade, teletraballo, traballo en grupo, hipertexto, multimedia, docencia, ofimática, … son temas que, ademais de gustarme, tiven a ocasión de levalos ao campo profesional.

A verdade é que non me aburro: as artesanías, cousas feitas a man (coiro, arxila ou outras pastas moldeables, … ou co que se tercie), o que hoxe en día é «DIY» ou as manualidades de toda a vida, tamén me van. Coa impresora 3D e a cortadora láser, «fago cousas» —que diría M. Rajoy—, sen máis pretensión ca a de entretenerme. E logo está o trasteo con dispositivos SBC (Raspberry Pi, Orange Pi, Arduino, etc). Nas entradas do blog e/ou proxectos xa vos mostrarei algo do que fun facendo.

Cómpre tomar en conta que todo isto, ao final, vén ser o mesmo: a tecnoloxía posta ao servizo da xente, que as máquinas traballen para min (ou para ti, chegado o caso). As automatizacións, por exemplo, sérvenme para quitarme de enriba as tarefas repetitivas, non son máis ca unha forma de gañar tempo para o que de verdade me interesa —aínda que ás veces se fixese directamente o traballo que intento automatizar acabaría antes—.

Profesional

Levo máis de 25 anos traballando no sector TIC, isto sempre na fronteira que hai entre o desenvolvemento, os sistemas e a docencia. O que a min me interesa é resolver problemas concretos con tecnoloxía sólida e mantible, e explicar o que fago dun xeito no que calquera o poida entender.

Antes de escoller unha tecnoloxía, o que fago é entender primeiro o contexto, cousa que vén sendo ir do problema cara á solución. O código, a claridade e a documentación, estes priorízoos por riba da novidade, os cales son aspectos que a longo prazo se agradecen. Por outra parte, administro servidores, dominios, correo e despregues de extremo a extremo, de xeito que teño autonomía para facelo. Cómpre recalcar que levo anos ensinando programación e ofimática a adultos, isto tanto de forma presencial coma en liña.

Competencias

Idiomas